Corrector da lingua galega para Corel Wordperfect 8 Windows

Actualización da edición de 1995 dos correctores e sinónimos da lingua galega para Wordperfect 5.1, 5.2 e 6.0 (Windows ou MS-DOS). Só o corrector neste producto.

En Corel Wordperfect 8 vostede terá unha visión inmediata da incorrección da palabra simplemente ó tecleala, xa que, mentres escribe, se marcarán en vermello as palabras que non estean incluídas no diccionario corrector galego. Ademais, se a palabra é incorrecta, terá, sen utiliza-la ortografía, unha lista de palabras que lle dá as posibles palabras correctas.

Na potencia da versión 8 de Corel Wordperfect terá tamén outra razón máis para actualizarse.

Diccionario de sinónimos galego para Corel-Wordperfect 8.

Completando a utilidade de corrector galego para Corel-Wordperfect, esta ten as características seguintes:

Vostede poderá crear en Wordperfect unha opción de menú sinónimos galegos que ofrece varias acepcións de sinónimos galegos da palabra sobre a que está o cursor en Wordperfect. Tamén pode engadir un botón de sinónimos galegos. Se o prefire, pode chamalo cunha combinación de teclas.

Escollida a palabra (sinónimo ou antónimo), substituirase no texto.

O proceso é semellante ó da propia ferramenta sinónimos de Wordperfect 8 en castelán.

O número de entradas de diccionario sobre as que pode atopar algún sinónimo aumenta notablemente con respecto ás versións anteriores para Wordperfect.