VERBOS GALEGOS ( Cabeceira do programa 27k)
Neste programa a partir dunha base de datos de verbos correcta de 6500 verbos, impleméntanse dous motores de busca: dado un verbo, calquera, presenta a súa conxugación, imprímea ou presenta exercicios sobre ela, incluíndo exercicios de "drag and drop". O segundo motor presenta, escrita a forma verbal, o tempo e persoa do verbo ou verbos que corresponda. Así por exemplo de rotas chega ós verbos rotar e romper. Trátase, xa que logo, dun primeiro esbozo de analizador léxico do galego.
Diferentes apartados do programa
Conxugar Verbo ( Exemplo 4.3 K)
Poderá vostede ve-la conxugación de calquera verbo por tempos
Ver conxugación ( Exemplo 127 K)
Atopará neste apartado a conxugación completa de calquera verbo
Buscar verbo ( Exemplo 18 K)
Dada unha flexión verbal escrita por vostede, o programa respostará decíndolle de cal se trata.
Clasificación dos Verbos ( Exemplo 21 K)
Pulsando có rato nun modelo de verbo, o programa daralle outra serie de verbos que se conxugan de xeito semellante ó pulsado por vostede.
Modelos. Apartado no que pode ve-la conxugación completa dun verbo modelo.
Imprimir conxugación. Imprime a conxugación do verbo que vostede indique.Pódese imprimi-las conxugacións, e como se fai baixo Windows, o resultado non depende da impresora que se estea a utilizar, como pasaba no antigo programa DOS.
Bases de datos ( Exemplo 17 K)
Neste apartado pódese ve-la constitución das bases de datos, o número de verbos os que vostede ten acceso
Cambiar nomenclatura
Cambia a terminoloxía dos tempos verbais.
Xogos ( Exemplo 23 K)
Neste apartado vostede poderá xogar ( Exemplo 29 K) con calquera verbo que desexe
Exercicios sobre un Verbo ( Exemplo 14 K)
O programa faralle unha serie de preguntas relacionadas con cuestións verbais que vostede terá que respostar.
Tempos ( Exemplo 25 K)
Sobre unha pregunta dunha forma verbal en concreto, vostede, terá que deci-lo tempo verbal referido.
Outra das posibilidades do programa é a creación de baterías de preguntas por parte do profesor/a, para que os exercicios que fai o alumnado se correspondan coas leccións que están a desenvolver neses momentos.
Tempos. Neste apartado do programa, vostede poderá respostar a preguntas relacionadas non so cun verbo único; como no apartado de xogo, si non con baterías de preguntas que pode facer previamente, empregando calquera verbo.
Persoas Este apartado funciona de igual xeito co anterior; con preguntas que vostede crea previamente empregando calquera verbo.
Crear ( Exemplo 15 K)
Neste apartado de axuda, ( Fiestra de axuda 48 K) vostede pode consultar no caso que teña algún tipo de dificultade. Os textos da axuda, de Manuel González González, constitúen unhas leccións, en formato de Axuda de Windows, sobre a temática dos verbos en xeral e dos verbos galegos en particular.
Ademais, outra característica fundamental é a de substituír ou complementar con vantaxe calquera libro ou diccionario de verbos galegos, xa que é posible consultar modelos, verbos da base de datos que seguen un determinado modelo, ou simplemente verbos que teñen un determinado patrón no infinitivo: buscando er* presentará tódolos verbos que comezan con er (como erguer, etc), buscando er???r, presentará tódolos verbos de seis letras que comecen por er.
En resumo, un dos primeiros programas en Windows feito en galego, sobre un tema que non pode ser máis noso có dos verbos galegos.