Corrector e sinónimos da lingua galega para Wordperfect 6.1 Windows

Actualización da edición de 1995 dos correctores e sinónimos da lingua galega para Wordperfect 5.1, 5.2 e 6.0 (Windows ou MS-DOS).

Este é o corrector galego idóneo para vostede, se traballa con Windows 3.1 e Wordperfect.

Corrector da lingua galega para Corel Wordperfect 7 Windows

Actualización da edición de 1995 dos correctores e sinónimos da lingua galega para Wordperfect 5.1, 5.2 e 6.0 (Windows ou MS-DOS). Só o corrector neste producto.

En Corel Wordperfect 7 vostede terá unha visión inmediata da incorrección da palabra simplemente ó tecleala, xa que, mentres escribe, se marcarán en vermello as palabras que non estean incluídas no diccionario corrector galego.

Na potencia da versión 7 de Corel Wordperfect terá tamén outra razón máis para actualizarse.



Corrector da lingua galega para Corel DRAW 7

Se ben non é tan imprescindible coma nun tratamento de textos, si é útil que faga a corrección dos debuxos, carteis ou textos compostos co programa estándar de producción de gráficos en Windows.

Unha ferramenta máis de normalización e normativización para a lingua galega de Allegue Informática.





Corrector da lingua galega para Word 7 de Microsoft en Windows.

Nestes últimos anos estase a converter no procesador máis utilizado en Windows. Non podía faltar esta ferramenta de normalización do galego producida por Allegue Informática.

Características:

Vostede terá en Word un menú "Galego" cunha opción de corrector que corrixirá o texto seleccionado, ou ben, a partir da frase na que está ata o final do documento. Tamén pode acceder a esta función a través dun botón "corrector" da caixa de ferramentas "galego". Se o prefire, pode chamalo cunha combinación de teclas.

Neste menú poderá ter outras utilidades para a lingua galega como diccionario de sinónimos galegos, da rima, diccionario galego-castelán, etc en fase de producción.

O proceso de corrección é semellante, se ben non exactamente igual, ó do propio corrector de Word en castelán.

O problema que na corrección do galego producen as palabras formadas coa segunda forma do artigo (ex: consegui-lo) no corrector galego de Wordperfect nesta versión está solucionado naquelas de uso máis frecuente. Non parará nelas.

No momento que teña este libriño nas mans é case seguro que tamén ten a posibilidade de pedir a Allegue Informática a versión do corrector galego para Word 8 (Word 97) de Microsoft. E de haber suficiente interese do público neses correctores, hai a posibilidade de telo para Excel, PowerPoint, Word 6, etc, así como algúns outros programas que non son de Microsoft. Pregunte por eles.

Diccionario de sinónimos galego para Word 7 de Microsoft.

Word estase a converter no procesador máis utilizado en Windows. Non podía faltar esta ferramenta de normalización do galego producida por Allegue Informática.

Características:

Vostede terá en Word un menú "Galego" cunha opción de sinónimos que dá opcións de sinónimos galegos da palabra sobre a que está o cursor en Word. Tamén pode acceder a esta función a través dun botón "sinónimos" da caixa de ferramentas "galego". Se o prefire, pode chamalo cunha combinación de teclas.

Neste menú poderá ter outras utilidades para a lingua galega como Corrector galego, da rima, diccionario galego-castelán, etc, en fase de producción.

Escollida a palabra (sinónimo ou antónimo), substituirase no texto.

O proceso é semellante ó da propia ferramenta sinónimos de Word en castelán. Con algunha mellora como detección da palabra galega: se estamos na palabra somos aparecerán os sinónimos do verbo ser. O número de entradas de diccionario sobre as que pode atopar algún sinónimo é moito máis ampla que nas versións anteriores para Wordperfect.

Diccionario de sinónimos galego para Corel-Wordperfect 7.

Completando a utilidade de corrector galego para Corel-Wordperfect, esta ten as características seguintes:

Vostede poderá crear en Wordperfect unha opción de menú sinónimos galegos que ofrece varias acepcións de sinónimos galegos da palabra sobre a que está o cursor en Wordperfect. Tamén pode engadir un botón de sinónimos galegos. Se o prefire, pode chamalo cunha combinación de teclas.

Escollida a palabra (sinónimo ou antónimo), substituirase no texto.

O proceso é semellante ó da propia ferramenta sinónimos de Wordperfect 7 en castelán.

O número de entradas de diccionario sobre as que pode atopar algún sinónimo aumenta notablemente con respecto ás versións anteriores para Wordperfect.





Diccionario de sinónimos galego para Wordperfect 6.1 Windows.

Completando a utilidade de corrector galego para Wordperfect 6.1 Windows, esta ten as características seguintes:

Poderá crear en Wordperfect unha opción menú sinónimos galegos que ofrece varias acepcións de sinónimos galegos da palabra sobre a que está o cursor en Wordperfect. Tamén pode engadir un botón de sinónimos galegos. Se o prefire, pode chamalo cunha combinación de teclas.

Escollida a palabra (sinónimo ou antónimo), substituirase no texto.

O proceso é semellante ó da propia ferramenta sinónimos de Wordperfect 6.1 en castelán.

O feito de que o número de palabras sobre as que pode atopar algún sinónimo sexa moi superior en número ó das versións anteriores para Wordperfect, xustifica esta versión que se superpón á de "Correctores e sinónimos para Wordperfect 6.1".



Os verbos galegos

A partir dunha base de datos de verbos correcta, impleméntanse dous motores: dado un verbo, calquera, presenta a súa conxugación, imprímea ou presenta exercicios sobre ela, incluíndo exercicios de "drag and drop". O segundo motor presenta, unha vez escrita a forma verbal, o tempo, modo, número e persoa do verbo ou verbos que corresponda. Así, por exemplo de rotas chega ós verbos rotar e romper. Trátase, xa que logo, dun primeiro esbozo de analizador léxico do galego que continuará en programas posteriores.

Os tipos de exercicios son tres:

-Xogo, no que o alumno ten que emparella-lo verbo conxugado co tempo e número (ou só tempo)

-Dado a persoa e tempo, ten que escribi-la forma verbal.

-Dada a forma verbal, ten que escolle-lo tempo co rato nunha caixa de tempos con tódalas opcións posibles.

Estes exercicios tamén se poden executar coas baterías de preguntas feitas polo profesor.

Ademais, outra característica fundamental é a de substituír ou complementar con vantaxe calquera libro ou diccionario de verbos galegos, xa que é posible consultar modelos, verbos da base de datos que seguen un determinado modelo, ou simplemente verbos que teñen un determinado patrón no infinitivo: buscando er* presentará tódolos verbos que comezan con er (como erguer, etc), buscando er???r, presentará tódolos verbos de seis letras que comecen por er.

Pódese imprimi-las conxugacións, e como se fai baixo Windows, o resultado non depende da impresora que se estea a utilizar.

Por último, outra das posibilidades do programa é a creación de baterías de preguntas por parte do profesor/a, para que os exercicios que fai o alumnado se correspondan coas unidades didácticas que están a desenvolver neses momentos.

Os textos da axuda, responsabilidade de Manuel González González, constitúen unhas unidades didácticas, en formato de Axuda de Windows, sobre a temática dos verbos en xeral e dos verbos galegos en particular.

En resumo, un dos primeiros programas en Windows feito en galego, sobre un tema que non pode ser máis noso có dos verbos galegos.

Os verbos galegos en Internet

A función primordial deste programa é dar a coñecer a todo o mundo -nunca mellor dito- a través de Internet a conxugación dos verbos galegos.

Posibilidades que ofrece o programa:

Conxugar: tecleado o infinitivo no navegador e pulsado o botón "Enviar" o programa devolve a conxugación completa do verbo. Ata aquí temos algúns exemplos, non moitos, comparables en Internet:

Verbos españois en:

http://csgwww.uwaterloo.ca/~dmg/lando/verbos/con-jugador.html

Conxugación de verbos franceses en: http://tuna.uchicago.edu/forms_unrest/inflect.query.html

Outros en: http://www.windi7.com/testconj.htm

Este programa, ademais, e a diferencia dos anteriores, ten as seguintes posibilidades:

Buscar: dada a forma verbal, o programa devolve o tempo, número e persoa dos verbos que teñan esa forma.

Modelos de conxugación: facilita unha lista de verbos que constitúen os modelos de conxugación. Elixido un, conxugarao.

Clasificación dos verbos: dada a lista de modelos de verbos anterior, o programa facilita os verbos que se conxugan do mesmo xeito, seguindo o mesmo modelo.

Base de datos de verbos: permite buscar na base de datos de 6500 verbos galegos os que teñan unha determinada característica. Así con *aer devolverá tódolos verbos rematados en aer, e con a???r tódolos verbos de cinco letras que comezan por a.

Exercicios. Unha vez escollido o verbo sobre

Presentan dúas opcións: ter que escolle-lo tempo dunha forma verbal ou ben escribir unha conxugación concreta dun verbo elixido.No primeiro caso existe un botón de comprobar se o tempo verbal escollido é o correcto e no segundo ademais da opción de comprobar se a resposta é correcta, pode sabela directamente pulsando o botón "solución" para que non desespere se non atina con ela. Nos dous casos o programa xera unha páxina HTML con programas Javascript distintos para cada pregunta feita ó programa (que actúan de controis para os botóns).

En tódolos casos das opcións anteriores que así o precisen, poderá escoller cun botón de radio a nomenclatura dos tempos verbais seguindo as dúas que en diversas edicións utiliza as "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego" do ILG e a Real Academia.

Conxugación hipotética: se o verbo co que se está a traballar non estivese na base de datos, conxugarao seguindo as regras xerais de conxugación do galego. Así, aínda que non ten rexistrado "reemprazar" fará a conxugación. Que será a adecuada na maioría dos casos.

Nota sobre a utilización do programa:

Ademais de poder usalo en Internet, "Verbos Galegos en Internet" é un programa para utilizar nunha intranet (dun colexio, instituto ou universidade) na que o servidor sexa un ordenador Windows 95 con Servidor Persoal de Web de Microsoft ou Windows NT con servidor de Web Internet Information Server. Ou, probablemente, con calquera servidor de Web en Windows que funcione co estándar ISAPI de Microsoft. Tamén pode usalo nun só ordenador se ten instalado algún dos servidores citados anteriormente. O Servidor persoal de Web pódeo baixar de Internet Tamén vén incluído co programa editor de páxinas Web FrontPage. Internet Information Server está incluído no paquete de Windows NT 4.0 ou ben pode baixalo gratuitamente de Internet.

Qué necesita:

Para usalo necesita (nunha intranet ou nun ordenador local) un servidor de Web e un navegador. Desde Internet, o usuario só necesita un navegador. Para os exercicios, preferiblemente as versións 3.0 ou superiores de Internet Explorer ou Netscape que soportan mellor o Javascript.

Programa Ariadna de autoavaliación formativa en Ciencias da Natureza na ESO.
O tema do programa son os 5000 e pico exercicios sobre a temática de Ciencias Naturais na Eso, divididos nos seguintes apartados:

O universo

O planeta

Os seres vivos

O ser humano

Medio natural

Sistema de funcionamento: cada subapartado ten un nivel de clasificación das preguntas de xeito que o usuario- o alumno- pode escolle-lo nivel das preguntas que se lle van facer.(de 1 a 3) adaptandose así o ano da ESO que está o alumno. Ademais, dado que cada centro ten a posibilidade de facer a súa propia secuenciación dos temas da área, é posible para o profesor crear baterías de preguntas que poidan se-las que mellor se adapten ós temas que está a explicar, saltándose así a obrigatoriedade de seguir un tema dende o principio ata o final, aínda tendo en conta os niveis posibles a escoller. Ademais da posibilidade de engadir preguntas propias, imprimir baterías de preguntas seleccionadas, adaptándoas a un exame, escollendo impresora, tipo de letra e posibilidade de modificalas antes de imprimilas para darlle o toque final. Ou ben envialas ó portapapeis, para escribilas e presentalas nun tratamento de textos normal.

Cada pregunta ten catro respostas posible entre as que o alumno ha seccionar unha correcta tendo catro oportunidades, senón acerta presentaráselle a correcta subliñada por unha cor distinta. Ten a posibilidade de saltar a pregunta. Queda un rexistro de preguntas falladas que estarán a disposición do alumno (en forma de batería de falladas) para seguilas novamente e ver se é quen de mellora-las súas puntuacións.



Contabilidade de centros escolares.

Un programa en MS-DOS para facilitarlle ó centro escolar o seguimento dos ingresos e os gastos do centro. As facturas pagadas ou pendentes de pagar; envío ó banco de relación de transferencias a efectuar; a catalogación dos gastos por departamentos ou seminarios, por nif da empresa, por talóns, etc. Ademais de xerar documentos impresos resumo dos movementos cara á xustificación no Consello Escolar do Centro, á Consellería ou, como documento escrito, resumo histórico dos gastos efectuados e ingresos tidos.

Pagamentos.

Se a súa empresa xera un número elevado de documentos de pagamento por banco, este é un programa sinxelo que facilita a entrega de listados escritos e en formato de arquivo informático, válido para utilizar polas entidades bancarias, dos pagamentos que queira efectuar a través das mesmas.

Recibos.

Un programa sinxelo que facilita a entrega de listados escritos e en formato de arquivo informático (utilizable polas entidades bancarias) dos seus recibos emitidos a través das mesmas.


Allegue Informática