Verbos galegos en Internet

Páxina principal

A función primordial deste programa é dar a coñecer a todo o mundo -nunca mellor dito- a través de Internet a conxugación dos verbos galegos. O texto de referencia é "Os Verbos galegos" publicado pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia en 1992.
Apartados do programa:
Conxugar: tecleado o infinitivo no navegador e pulsado o botón enviar o programa devolve a conxugación completa do verbo. Ata aquí temos algúns exemplos, non moitos, comparables en Internet:
Verbos españoles
Conxugación de verbos franceses
Conxugación

Este programa, ademais, e a diferencia dos anteriores, ten as seguintes posibilidades: (os exemplos non funcionan aquí porque o noso servidor é UNIX e non Windows NT, póñense a título de mostra)
Buscar: dada a forma verbal o programa devolve o tempo, número e persoa dos verbos que teñan esa forma.
Modelos de conxugación: facilita unha lista de verbos que constitúen os modelos de conxugación. Elixido un, conxugarao.
Clasificación dos verbos: dada a lista de modelos de verbos anterior o programa facilita os verbos que se conxugan do mesmo xeito, seguindo o mesmo modelo.
Base de datos de verbos: permite buscar na base de datos de 6500 verbos galegos os que teñan unha determinada característica. Así con *aer devolverá tódolos verbos rematados en aer, e con a???r tódolos verbos de cinco letras que comezan por a.
Exercicios. Unha vez escollido o verbo sobre o que vai facer exercicios, terá que relacionar formas conxugadas con tempos verbais. De dúas maneiras: tendo que escolle-lo tempo dunha forma verbal ou ben escribindo unha conxugación concreta dun verbo elixido.No primeiro caso ten un botón de comprobar se o tempo verbal escollido é o correcto e no segundo ademais da opción de comprobar se a resposta é correcta, pode sabela directamente pulsando o botón "solución" para que non desespere se non atina con ela. Nos dous casos o programa xera unha páxina HTML con programas Javascript distintos para cada pregunta feita ó programa (que actúan de controis para os botóns).
En tódolos casos das opcións anteriores que así o precisen, poderá escoller cun botón de radio a nomenclatura dos tempos verbais seguindo as dúas que en diversas edicións utiliza as "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego" do ILG e a Real Academia.
Conxugación hipotética: aínda que non teña o verbo na base de datos, conxugarao seguindo as regras xerais de conxugación do galego. Así, aínda que non ten rexistrado "desmoer" fará a conxugación. Que será a adecuada na maioría dos casos.

Se ten un servidor Windows NT con IIS en Internet e quere selo primeiro en poñe-lo programa, contacte connosco.

Páxina principal

Nota sobre a utilización do programa:
Ademais de poder usalo en Internet, Verbos Galegos en Internet é un programa para utilizar nunha intranet (dun colexio, instituto ou universidade) no que o servidor sexa un ordenador Windows 95 con Servidor Persoal de Web de Microsoft ou Windows NT con servidor de Web Internet Information Server. Ou, probablemente, con calquera servidor de Web en Windows que funcione co estándar ISAPI de Microsoft. Tamén pode usalo nun só ordenador se ten instalado algún dos servidores citados anteriormente. O Servidor persoal de Web pódeo baixar de Internet . Tamén vén incluído co programa editor de páxinas Web FrontPage. Internet Information Server está incluído no paquete de Windows NT 4.0 ou ben pode baixalo gratuitamente de Internet.
Que necesita:
Para usalo necesita (nunha intranet ou nun ordenador local) un servidor de Web e un navegador. Desde Internet, o usuario só necesita un navegador. Para os exercicios, preferiblemente as versións 3.0 ou superiores de Internet Explorer ou Netscape que soportan mellor o Javascript.

Páxina principal