Diccionario Escolar Francés-Galego, Galego-Francés e sinónimos.

Este é a pantalla principal do programa e única coa excepción dos sinónimos franceses ou galegos.

É unha pantalla pequena en función de usar o programa en combinación co procesador de textos Microsoft Word 2000 ou posteriores, de xeito que non interrompa moito a visibilidade do escrito.

Así, ademais da opción saír que evidentemente permítenos saír do programa, unha opción interesante é a de posición dos sinónimos que, segundo a utilización que lle esteamos dando ó programa, permite reducir a ocupación das ventás de sinónimos dentro da pantalla ou aumentala ocupando as ventás de sinónimos ben o lateral medio, ben arriba da ventá principal ou ben abaixo. Se queremos aumentar a visibilidade dos programas (Word, principalmente) embaixo do Diccionario escolleremos a posición dos sinónimos en medio interior. Hai outra opción de adaptar á nova posición que se está remarcada permite que os sinónimos sigan a posición da pantalla principal. Doutro xeito se colocarían como se non houbesemos alterado a posición do programa (evidentemente, se movemos o programa de sitio, senón non haberá diferencias).

En opcións temos a posibilidade de que a busca no diccionario sexa por palabra exacta e idioma exacto (a opción predefinida), pero xa que o programa so contén preto de 11000 entradas, non están todas, poderiamos buscar derivados dunha determinada palabra que permitan atopar acepcións distintas da mesma ou mesmo atopala, se é que non está entre as que contén o diccionario.

Así no exemplo que se ve na figura anterior a opción que ten posta é a de busca con palabra non exacta, presenta todas as entradas galegas que contén os caracteres de temer, como temeridade, temerario, temeroso ademais de temer.  Se tiveramos posto palabra exacta só presentaría a primeira.

Unha vez presentada esa lista do diccionario poderemos facer o seguinte: dobre clic sobre a liña da entrada que prefiramos e entón aparecerá na caixa de entrada palabra galega a parte galega da entrada do diccionario e na caixa palabra francesa a correspondente parte francesa da mesma entrada.

Xa a temos inserida unha primeira palabra francesa pero queremos buscar un sinónimo entre os 10000 sinónimos franceses que ten o programa. Entón pulsamos Sin. Franceses, abreviatura de sinónimos franceses. Buscará os sinónimos de craindre e isto por dúas vías, primeiro presenta unha lista de palabras que teñen como sinónimos craindre ou ben podemos pulsar as pestanas de Verbo e Ant (antónimos) para ver os sinónimos directos de craindre.

E agora as posibilidades se multiplican por que pulsando en calquera das súas listas de palabras normalmente aparecerán novos sinónimos- quizais en contextos especiais ou para un significado concreto- que ademais de dar un multiplicidade de opcións de escolla permiten ir percorrendo a semántica do francés.

En tópico temos un cadro despregable que presenta a historia das palabras que fumos visitando por se queremos volver a elas e ademais, cando a palabra non está directamente no diccionario (por exemplo, plurais ou conxugacións verbais) presenta tamén todas as palabras das que o diccionario chega a concretar que poden ter ese derivado que está na entrada palabra. Por exemplo se houbesemos escrito craindres no cadro palabra francesa houbese chegado a craindre igual.

Está máis perfeccionado esta deducción da raíz a partir da palabra derivada no caso do galego xa que chegará á raíz da palabra a partir de millóns de palabras derivadas posibles.

O diccionario de sinónimos galegos ten un funcionamento igual ó de sinónimos franceses e é posible estar traballando simultaneamente coas tres pantallas dos programa: a principal e a de sinónimos galegos ou franceses tendo así un visión ampla da semántica dos dous idiomas e permitindo pasar entre as tres pantallas as palabras. Así podemos escoller como sinónimo de craindre, trembler. Se prememos o botón de substituír  substituirá craíndre por trembler en palabra francesa. Agora pulsamos o botón Dic. Francés e aparecerá trembler=tremer,vibrar,,tremelar. Dobre clic nesa liña da entrada e termos no cadro palabra galega tremer,vibrar,,tremelar. Se pulsamos no botón Dic galego buscará as entradas que teñan tremer (a primeira palabra da lista, se queremos outra so teríamos que borrar as anteriores a ela que queremos) e neste caso aparecerán máis entradas novas vibrer=vibrar,tremer,tremelar.

Neste momento buscamos os sinónimos galegos de tremer. Podemos escoller estremecer e substituír: no cadro palabra galega parecerá estremecer. Etc, etc, etc.

No momento que teñamos unha palabra -francesa ou galega- coa que estañamos conforme podemos- cos botóns Pal. Fr. a Word (palabra francesa a Word) ou Pal. gal. a Word (palabra galega a Word), sendo o caso que teñamos aberto Word 2000, inserir  a palabra que está no cadro do idioma correspondente na posición do cursor na que está Word. Se está dentro dunha palabra o cursor a seleccionará e a substituirá pola palabra que temos dentro do cadro palabra francesa ou galega (dependendo do botón premido).

Esta conexión con Word 2000 non só é para inserir palabras substituíndo a outras senón para facilitar a extracción de palabras dun texto de Word dentro do programa para a busca da súa traducción  e as distintas operacións de busca dunha mellor traducción que xa comentamos.

Así cos botóns Pal. Fr. en Word (palabra francesa en Word) ou Pal. gal. en Word (palabra galega en Word), a palabra sobre a que está o cursor en Word se seleccionará e pasará ó cadro palabra francesa no primeiro caso e ó cadro palabra galega no segundo. De aí seguiría todo un proceso de busca de traducción, e busca de sinónimos nos dous idiomas que permitiría substituír esa palabra en Word pola súa traducción no outro idioma.

Non está demais facer a advertencia que os sinónimos poden levar a significados semánticos totalmente diferentes dos do punto de partida polo que haberá que usalos sabendo o que se fai e en todo caso contrastándoos co diccionario francés-galego.

É ben sabido que un diccionario de sinónimos serve para relembrar o que xa sabemos, para a busca dunha palabra apropiada no contexto, non para traducir independentemente do contexto.

Desde o punto de vista escolar pode servir para exercitarse na busca de sinónimos e precisamente facer exercicios onde esa busca pode levar a significados totalmente distintos da palabra orixinal, e non só porque houberamos escollido polo medio antónimos, senón porque esta rede semántica non se refire a sinónimos exactos, totalmente substituíbles entre si, senón que se refire a sinónimos aproximados ou en contextos moi variados.

O diccionario é unha ferramenta e dende o punto de vista escolar debería ser unha ferramenta programada e dirixida polo profesor ou profesora que –ademais de amosar as posibilidades das novas ou vellas tecnoloxías- no ensino do francés, permite aprender as súas limitacións e a súa utilización con xeito ou sentidiño.

Como calquera ferramenta pode ser usada de bo ou mala maneira.

Relembramos os pasos da utilización do programa:

Utilización sen Word- escribimos unha palabra en galego, por exemplo, e prememos Intro ou o botón Dicc. Galego para que nos dea a traducción ó francés, despois dando dobre clic na entrada apropiada aparecerá no cadro palabra francesa a traducción. Despois podemos buscar sinónimos galegos e franceses ata obter o resultado apropiado.

Con Word: situámonos na palabra desexada dentro de Word e no programa prememos o botón Palabra galega en Word e a incorporamos ó programa, tras o mesmo tipo de proceso anterior por fin podemos  substituír esa palabra premendo o botón palabra francesa a Word, por exemplo.

 

Instalación: O programa solo funcionará en Windows 95 ou posteriores: Windows 98, Millenium, Windows 2000, Windows XP.

Basta con introducir o programa no lector de cdrom e normalmente se presentará automaticamente o programa de instalación. Se non é así haberá que abrir ou explorar a unidade de lectura do cdrom e premer dúas veces no arquivo setup.

Seguir as pantallas de opcións que presenta o programa de instalación e despois quedará instalado.

O programa véndese para o seu uso nun só ordenador, é dicir non se pode reproducir copias del en distintos ordenadores, cousa que permite a informática actual pero como un libro, a compra do programa é para o seu comprador e non para distribuílo libremente. Polo que normalmente o seu uso é nun só ordenador e calquera nova instalación pide que se rexistre o programa. Por iso para cada ordenador pedirá un código de activación distinto.

Así que envíe por email, fax, correo normal ou chama por teléfono a Allegue Informática os datos necesarios para rexistrarse e, moi importante, o código de activación del (sen o cal non é posible o rexistro), e darase contestación co código de rexistro para permitir a entrada no programa e o seu uso normal. Despois do rexistro non pedirá ningún código de rexistro.  É posible conseguir ata dous códigos de rexistro máis do programa sempre que se dea a explicación pertinente (cambio de ordenador, etc).

Os datos para rexistralo son:

 

 

ALLEGUE Informática

García Abad 3-1º B

27004 Lugo

http://www.allegue .com

email admin@allegue.com

Tfno. e fax 982240857